jueves, 10 de mayo de 2012

Parámetros de ponderación das PAU

Veñense de publicar no DOG os parámetros de ponderación para a fase específica das PAU. Aínda que non estaba previsto ningún cambio, convén que os revisedes para maior seguridade vosa.

Parámetros

Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no curso académico 2012/2013

Xúntase a Orde pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos Ciclos 

Lede ben a convocatoria, nela tendes tamén o impreso de solicitude e os IES que se encontran ligados a cada centro residencial.

O prazo de presentación é dun mes a partires de hoxe. Asemade establécese un período extraordinario na primeira quincena do mes de setembro para a presentación de solicitudes destinadas a ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde.

Na pestana "Bolsas e residencias" deste blogue tendes información de cada unha das Residencias.




Lugar de celebración das probas de acceso a ciclos medio.



A proba terá lugar o día 25 de maio no IES de Rodeira.

Recordade o programa de ese día:

 

Xornada de Portas Abertas no Morrazo

Os centros de FP do Morrazo celebraron  unha xornada de portas abertas para mostrar aos rapaces da zona os ciclos que neles se imparten. Esta iniciativa forma parte de un plan conxunto de traballo dos Departamentos de Orientación da Comarca que ten como actividade más destacada as Xornadas de Orientación do Morrazo.

Na foto vemos aos nosos alumnos de 4º de ESO coa profesora Verónica. Grazas Vero por facerte cargo da visita!

lunes, 7 de mayo de 2012

O 31,2% dos aspirantes presentados ás probas de acceso ao Ciclo Superior superaron o exame


Este ano houbo un 14% máis de presentados a estas probas, o que dá conta do peso crecente da Formación Profesional en Galicia
Dom, 06/05/2012 - 16:45
Un total de 2.445 estudantes, o 31,2% dos presentados, superaron as probas de acceso á Formación Profesional de ciclo superior organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Isto significa unha estabilización da porcentaxe de aprobados, que se mantén en niveles similares nos últimos cursos.
Á convocatoria deste ano 2012 presentáronse 7.820 aspirantes, un 14% máis que no 2011. O número inicial de solicitudes para a convocatoria de 2012 foi de 9.796, un 17,4% máis que o ano anterior, o que dá conta do peso crecente da Formación Profesional en Galicia, o que se debe - en boa medida- á estratexia de posta en valor destas ensinanzas que desenvolve a Consellería desde o inicio da lexislatura.
Neste sentido cómpre lembrar que o departamento educativo da Xunta de Galicia está a facer unha forte aposta pola FP, polo que, para dar resposta á demanda da sociedade galega, adaptou sete IES en Centros Integrados de FP, co que se conseguiu incrementar a oferta de prazas en 1.100 respecto do curso pasado.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Residencias USC: Convocatoria para o curso 2012-2013


Logotipo da USCA Universidade de Santiago (USC) ven de presentar  a convocatoria de prazas nas  residencias universitarias  dos seus campus de Santiago e Lugo. O prazo de presentación de instancias é do 1 ao 25 de xuño. Neste enlace tendes toda a información e os impresos de solicitude

martes, 1 de mayo de 2012

As reformas nas bolsas para a Universidade

Poñede atención a este artigo de El País, nel se explicitan os novos requisitos para acceder a unha bolsa (beca).


jueves, 26 de abril de 2012

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2012, ás ensinanzas artísticas


Darán acceso a:

Ás ensinanzas artísticas superiores de Música

Arte Dramática

Deseño

Conservación e Restauración de Bens Culturais

Inscrición:
A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos, entre outros,  entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive:
     Conservatorio Superior de Música de Vigo
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Día de celebración e estructura da proba: 

A proba de acceso realizarase o día 8 de xuño, ás 9.00, no IES As Fontiñas de San­tiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:
9.00 h. Presentación.
– Das 9.30 ás 10.30: Lingua estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30: Lingua castelá e literatura.
– Das 12.00 ás 13.00: Lingua galega e literatura.
– Das 13.00 ás 14.00: Filosofía e cidadanía ou Historia da filosofía.

     – Das 16.00 ás 17.00: Historia de España ou Ciencias para o mundo contemporáneo.


miércoles, 25 de abril de 2012

Probas libres de certificación de coñecemento de idiomas

Todos aqueles que teñades coñecemento dalgún idioma, pero non tedes forma de acreditalo, vos podedes presentar a estas probas. Tedes de prazo ata o 27 de abril para vos matricular coa finalidade de realizar estas probas e obter unha certificación oficial que acredite a vosa competencia lingüística.
Quen pode presentarse?
Todas as persoas que quixeren, coa excepción do alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel en modalidade oficial. Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior.
Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior. 
Cando terán lugar?
As probas terán lugar en dúas quendas, en xuño e setembro. O calendario para as probas escritas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita) é único para todas as EOI de Galicia. O calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario definitivo das probas orais e as diferentes convocatorias por linguas será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, na categoría Exames desta mesma páxina web. 

Todas/os aqueles que desexedes presentarvos, podedes consultar aquí as guías de BásicoIntermedio ou Avanzado, segundo corresponda, e os modelos de exames de anos anteriores.

A matrícula realízase en liña, a partir desta ligazón


Vía orientacioncpidepanxon

Notas das probas de acceso a ciclos

Acábanse de publicar as notas de acceso a ciclos superiores. Lembrade que tedes tres días para facer as oportunas reclamacións. Sorte!

Notas