O EFECO foi elaborado por Andrés García Gómez e Jesús Carlos Rubio Jiménez, pertencentes ao EOEP especializado de TGD de Cáceres.
Está dirixido a alumnos entre 6 e 13 anos. Consta dun apartado de
identificación, con 7 cuestións, e outro apartado, con 74 cuestións, a
cumplimentar por pais e/ou profesores que coñezan ben o neno mesmo de
forma colaboradora. Ao finalizar, xera un documento cos resultados
obtidos que se mostran como percentís e aparecen representados nun
gráfico. Pretende medir algunhas capacidades importantes para o éxito
escolar, entre as que se encontran un conxunto de habilidades
cognitivas e metacognitivas que nos permiten dirixir a nosa conduta cara
a un fin e inclúen a capacidade para planificar, para levar a cabo e
para corrixir a nosa conduta (funcións executivas). Este cuestionario
está en fase experimental, polo tanto os datos hai que tomalos como non
definitivos, pero marcan unha tendencia e poden ser orientativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario