jueves, 23 de febrero de 2012

Probas de acceso a ciclos medios.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

 As solicitudes poderanse presentar en calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ciclos formativos de formación profesional (agás CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro). As datas de inscripción irán dende o 27 de febreiro ao 9 de marzo, e a celebración da mesma será o 25 de maio.

Contidos e criterios de avaliación.

Información máis completa sobre as probas.

Modelo de solicitude de inscripción.

 Ademáis, na seguinte ligazón pódense consultar exames e materiais didácticos das convocatorias anteriores da proba de acceso a ciclos formativos de grao  medio.





No hay comentarios:

Publicar un comentario