jueves, 26 de abril de 2012

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2012, ás ensinanzas artísticas


Darán acceso a:

Ás ensinanzas artísticas superiores de Música

Arte Dramática

Deseño

Conservación e Restauración de Bens Culturais

Inscrición:
A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos, entre outros,  entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive:
     Conservatorio Superior de Música de Vigo
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Día de celebración e estructura da proba: 

A proba de acceso realizarase o día 8 de xuño, ás 9.00, no IES As Fontiñas de San­tiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:
9.00 h. Presentación.
– Das 9.30 ás 10.30: Lingua estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30: Lingua castelá e literatura.
– Das 12.00 ás 13.00: Lingua galega e literatura.
– Das 13.00 ás 14.00: Filosofía e cidadanía ou Historia da filosofía.

     – Das 16.00 ás 17.00: Historia de España ou Ciencias para o mundo contemporáneo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario