jueves, 19 de abril de 2012

Parados titulados de FP e Universidade.

Algúns de vós preguntádenos pola posibilidade de emprego á hora de finalizar uns Estudos Universitarios ou da Formación Profesional. Resulta difícil dar unha resposta pois as demandas son cambiantes e máis pensando que actualmente estamos nunha situación de crise e a oferta pode ser variable no futuro.
Non obstante a web realidadeconomica.es a partir de datos do SEPE (nome do antigo INEM), realizou varias táboas con todas as carreiras universitarias e o número de parados que tiveron entre os meses de Maio e Decembro de 2011. Estas fichas conteñen información relativa ás persoas demandantes rexistradas nos Servizos Públicos de Emprego con algunha titulación universitaria e/ou da Formación Profesional, esperando que sexan de utilidade para consultar a taxa de paro de cada profesión, así como a ampla oferta de estudos que se ofrecen en España.
Hai algunhas titulacións que non aparecen aquí e iso é debido a que non hai parado con esas titulacións ou como moito nalgún mes solto houbo uns poucos (sempre menos de 10).


Número de parados na FP        Número de parados na Universidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario