lunes, 7 de mayo de 2012

O 31,2% dos aspirantes presentados ás probas de acceso ao Ciclo Superior superaron o exame


Este ano houbo un 14% máis de presentados a estas probas, o que dá conta do peso crecente da Formación Profesional en Galicia
Dom, 06/05/2012 - 16:45
Un total de 2.445 estudantes, o 31,2% dos presentados, superaron as probas de acceso á Formación Profesional de ciclo superior organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Isto significa unha estabilización da porcentaxe de aprobados, que se mantén en niveles similares nos últimos cursos.
Á convocatoria deste ano 2012 presentáronse 7.820 aspirantes, un 14% máis que no 2011. O número inicial de solicitudes para a convocatoria de 2012 foi de 9.796, un 17,4% máis que o ano anterior, o que dá conta do peso crecente da Formación Profesional en Galicia, o que se debe - en boa medida- á estratexia de posta en valor destas ensinanzas que desenvolve a Consellería desde o inicio da lexislatura.
Neste sentido cómpre lembrar que o departamento educativo da Xunta de Galicia está a facer unha forte aposta pola FP, polo que, para dar resposta á demanda da sociedade galega, adaptou sete IES en Centros Integrados de FP, co que se conseguiu incrementar a oferta de prazas en 1.100 respecto do curso pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario