jueves, 21 de junio de 2012

Novo Ciclo de Atletismo no noso Instituto


 


A Consellería ven de conceder ao noso Instituto un Ciclo Medio de Atletismo, inscrito dentro das Ensinanzas Especiais, organizarase en dous niveles: nivel 1 e nivel 2 . Dado que se trata de unhas ensinanzas con moi pouca carga horaria, 14 horas semanas, é facilmente compatible con outras ensinanzas oficiais como Bacharelato ou FP. A superación do  curso médio é  condición necesaria para acceder ao superior.

Condicións de acceso:
  •     Graduado en ESO , proba de acceso a ciclos medios ou estudos equivalentes
  •       Superación dunha proba física de acceso.

O título que se obtén,  tras a superación das ensinanza,  é o de Técnico deportivo en atletismo. As titulacións de Técnicos deportivos acreditan que a persoa posúe as competencias necesarias para desempenar funcións correspondente á iniciación deportiva, tecnificación deportiva e condución de actividade ou práctica deportiva.

O prazo de inscripción  para as probas específicas (físicas) imprescindibles para acceder ao ciclo remata o 28 de Xuño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario