miércoles, 14 de noviembre de 2012

Colexios do Mundo Unido convoca 10 bolsas e 10 prazas para estudar o Bacharelato fóra de España

A Fundación Colexios do Mundo Unido manterá aberta ata o 31 de xaneiro de 2013 a súa convocatoria de prazas e bolsas dirixida a alumnos e alumnas de 4º da ESO ou 1º de Bacharelato.

Estas prazas, valoradas cada unha nunha media de 47.500 euros, permitiralles estudar os dous próximos cursos (2013-2015) en Canadá, Estados Unidos, Costa Rica, China, India, Singapore, Swazilandia, Italia, Reino Unido, Noruega, Holanda e Bosnia e Herzegovina.


Como novidade nesta edición, xunto á convocatoria de bolsas tradicional dos últimos 20 anos que mantemos, tamén se convocan outras tantas prazas de pagamento. Estas últimas están dirixidas a aquelas familias que poidan sufragar o custo destes centros.

Máis información sobre requisitos de acceso e proceso de selección


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario