domingo, 24 de febrero de 2013

Bolsas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, en España



Os beneficiarios asistirán a un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés dunha semana de duración, en distintos puntos de España, convivindo e realizando actividades en réxime de internado con persoal angloparlante nativo de países de lingua inglesa.


Destinatarios:

. Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 1996
. Ter a condición de bolseiro da convocatoria xeral de bolsas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución de 2 de agosto de 2012 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios para o curso 2012/2013
. Estar matriculado no curso 2012/2013 en:
Bacharelato
Ensinanzas profesionais de música e danza
Grao medio de Formación Profesional
Grao medio de artes plásticas e deseño
Grao medio de ensinanzas deportivas
Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
. Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e ter obtido no devandito curso unha nota final minima de 7,00 puntos na materia de inglés.
. Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior.
 
Dotación:
A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100 € á empresa.

Prazo de presentación
 
Dende: 20 de febreiro de 2013
Ata: 14 de marzo de 2013

Como realizalo?:

A través da páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte mediante formulario on-line.

Documentación requirida:

Certificación do secretario do centro docente onde se cursasen os estudos, na que figure que o solicitante cumpre os requisitos académicos. O modelo de certificación obtense ao presentar a solicitude. Neste documento detállase o número de fax ao que debe enviarse.


Lugar de entrega:

A solicitude presentarase polo procedemento telemático establecido a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación Cultura e Deporte.

Consulte o estado de tramitación da súa solicitude de bolsa e descargue a resolución: (enlace https://sede.educacion.gob.es/portada.html)

Tamén che pode interesar:

http://www.educacion.gob.es/consultas-informacion/

Teléfono:

91 327 76 81
Dirección de correo:

No hay comentarios:

Publicar un comentario