miércoles, 22 de enero de 2014

Programa de prevención de condutas infractoras





Hoxe visitaron o noso centro  profesionais da asociación Arela para desenrrolar cos nosos alumnos de 2º de ESO o  " Programa de prevención de condutas infractoras: KTORCE 18"

A Asociación ARELA traballa dende o ano 2000 na execución de medidas xudiciais impostas a adolescentes e mozos por delitos cometidos antes de cumprir a maioría de idade.

Os profesionais de ARELA, constatan que, a pesar de que cada vez son máis os adolescentes e mozos que cumpren medidas xudiciais, isto non fai que o coñecemento sobre a Lei do Menor sexa máis extenso co paso dos anos.

Os medios de comunicación fanse eco da Lei Orgánica 5/2000 en distintas direccións, como menores que delinquen destacando o acontecemento illado, informando sobre as vantaxes que para os menores ten a posta en marcha da Lei ou sobre a falta de recursos que se precisan para que a aplicación da Lei non sexa un fracaso.

Non obstante, apenas existe información sobre a cantidade de medidas impostas polos Xulgados de Menores nin sobre a complexidade da realidade de cada menor que delinque ou da responsabilidade colectiva con respecto ao tipo de sociedade que se constrúe e ao tipo de comportamentos que se potencian nesta.

Ademais, ocúltanse as desvantaxes polas que pasa un menor infractor con respecto a un adulto. Moitos dos delitos ou faltas tipificados no Código Penal que se converterían nunha sanción administrativa para un adulto, convértense nunha intervención educativa de calado para un menor de idade. Isto é debido a que a Lei permite que, ademais de ter en conta o tipo de delito cometido, tamén se estuden as circunstancias sociofamiliares do presunto infractor e que, en función destas, se poida aplicar unha medida reformadora ou outra, xa que o espírito da Lei é esencialmente educativo.

Co Programa KTORCE-18 preténdese achegar a Lei 5/2000, reguladora da responsabilidade penal dos menores aos seus protagonistas, os adolescentes e as súas familias. Ofértanse charlas divulgativas dirixidas a alumnos e alumnas entre 2º e 4º de ESO, a todos os institutos e colexios galegos e ás ANPA dos mesmos para informar, previr e facelos conscientes das consecuencias dos seus actos. Ademais proporcionamos materiais didácticos sobre a Lei do Menor para poder traballar dende o ámbito educativo sobre este tema, a través de actividades que incidan nas causas máis comúns de ingreso nun programa deste tipo, poñendo a énfase sempre na prevención das condutas infractoras.


Materiais aportados por ARELA para seguir coa intervención nas aulas:

http://www.educabarrie.org/proyectos/ktorce-18-programa-para-la-prevencion-de-conductas-infractoras



No hay comentarios:

Publicar un comentario