miércoles, 26 de febrero de 2014

27 de xaneiro: Día da Memoria do Holocausto e de Prevención dos Crimes contra a Humanidade

O 27 de xaneiro é sinalado por Nacións Unidas como data de lembranza ás vítimas do Holocausto xa que tal día de 1945, o exército soviético liberou o maior campo de exterminio nazi: Auschwitz-Birkenau. En España recoñeceuse oficialmente a conmemoración deste acontecemento no Real Decreto do 15/12/2004, baixo a denominación de “Día da Memoria do Holocausto e de Prevención dos Crimes contra a Humanidade”. Para conmemorar este día nos centros escolares preséntase na aula virtual do CAFI o material procedente da Xornada sobre o Proxecto europeo “Holocausto e Memoria 2014”, que pode servir como recurso para formación do profesorado nesta temática e para a súa utilización co alumnado. Os recursos organízanse en: O Holocausto: definición e conceptos. Como ensinar o Holocausto. Pautas e recomendacións. A importancia do testemuño dos superviventes. Documental: “El violinista de Auschwitz”. CENTROPA. Materiais e documentais en ladino. “Una librería en seis capítulos 1492: el otro camino”. O Holocausto desde unha perspectiva interdisciplinar. A transmisión do Holocausto a través da literatura, do cine. España durante o Holocausto: os refuxiados, os sefardís e os diplomáticos españois. 

Acceso ao material na aula virtual do CAFI 

Fonte: Portal da Consellería de  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

No hay comentarios:

Publicar un comentario