miércoles, 2 de abril de 2014

Guía de Boas Prácticas en Educación Inclusiva

   O dereito á educación é recoñecido mundialmente dende que en 1948 se proclama a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Ademais, a Convención sobre dereitos do neno (ratificada por 193 estados), recoñece este dereito a todos os nenos e as nenas. No ano 2000, un informe da UNESCO establece que a inclusión da infancia con necesidades especiais ou pertencentes a minorías étnicas desfavorecidas, poboacións emigrantes, comunidades remotas e illadas ou barrios urbanos marxinais, así como doutros excluídos da educación, deberá ser parte integrante das estratexias para lograr a educación para todos antes do 2015. En 2008, con motivo da 48a Conferencia Internacional de Educación da UNESCO, os Ministros de Educación e Xefes de Delegación de 153 Estados membro afirman que unha educación inclusiva e de calidade é fundamental para alcanzar o desenvolvemento humano, social e económico.
   Grazas á Educación Inclusiva, alumnos con alto risco de exclusión poderán mellorar a súa aprendizaxe e, polo tanto, a súa calidade de vida. Pero a educación inclusiva non beneficia só ao alumnado máis vulnerable, senón a toda a comunidade educativa, como demostran as prácticas contidas nesta guía.
   Teñen máis información sobre o proxecto "Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización Social sobre Educación Inclusiva en España" impulsado por Save The Children na súa web oficial.

 A través de http://autismodiario.org/

No hay comentarios:

Publicar un comentario