miércoles, 9 de julio de 2014

Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2014-15.

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2014-15.

Convócanse probas tanto para as ensinanzas deportivas de grao medio como de grao superior.  Ás probas específicas poderán inscribirse quenes estean en posesión da titulación académica referida en cada caso:

.- Para as ensinanzas deportivas de grao medio:  título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria

.- Para as ensinanzas deportivas de grao superior: título de Bacharelato.

En todo caso, aqueles que non posean a titulación requerida, poderan presentarse á proba de madureza, ademais de á proba específica.

A inscrición nas probas realizase dende o 8 ao 14 de xullo nos centros onde se imparten ensinanzas deportivas: 
Oferta destas ensinanzas en Galicia en centros públicos:
IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol.
IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán.
IES As Lagoas (Ourense): Fútbol sala. 
IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo.
IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto.
IES As Barxas (Moaña): Atletismo


Oferta en centros privados autorizados: 
CADF Real Club Deportivo de A Coruña: Fútbol
CADF Federación Galega de Fútbol (A Coruña): Fútbol
Federación Galega de Fútbol Sala (A Coruña): Fútbol Sala
CPR Santa Apolonia (Santiago de Compostela): Fútbol Sala
CPR Liceo la Paz (A Coruña): Fútbol Sala
Outros estudos afíns: Familia profesional de Formación Profesional "Actividades Físico- Deportivas".

MÁIS INFORMACIÓN: 
Accede á oferta educativa de ensinanzas deportivas.
Accede ás probas específicas.
Accede ao documento "preguntas frecuentes"
Accede ao folleto informativo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario