jueves, 7 de agosto de 2014

Bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2014-15







 O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de publicar no BOE de hoxe a convocatoria anual de bolsas para o curso 1024-15.

As ensinanzas obxecto de bolsa serán:

1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo  español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

b) Formación Profesional de Grao Medio e de Grao Superior.

c) Ensinanzas Artísticas Profesionais.

d) Ensinanzas Deportivas.

e) Ensinanzas Artísticas superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos militares superiores.

h) Estudos de idiomas realizados en Escolas Oficiais de titularidade dasnAdministracións educativas, incluídas a modalidade de distancia.

i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de Formación Profesional.

j) Programas de Cualificación Profesional Inicial e Formación Profesional Básica.


2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:


a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.

b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado,
Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico.

c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos

impartido por universidades públicas.

d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e

créditos complementarios para a obtención do título de Grado ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura.

Os prazos para presentar a solicitude estenderanse ata:


A) o 15 de outubro de 2014, inclusive, para os estudantes universitarios.

B) o 30 de setembro de 2014, inclusive, para os estudantes non universitarios.


2. Non obstante poderán presentarse solicitudes de bolsa despois dos prazos

sinalados e ata o 31 de decembro
de 2014 nos seguintes casos:


a)En caso de falecemento do sustentador principal da familia, ou por xubilación

forzosa do mesmo que non se produza por cumprir a idade regulamentaria acontecidos

despois de transcorrido o devandito prazo.


b)En caso de estudantes cuxa situación económica familiar se vise gravemente

afectada por causa de forza maior e debidamente xustificada.

Máis información:







No hay comentarios:

Publicar un comentario