miércoles, 15 de octubre de 2014

Guías: Protocolo de detección, orientacións e estratexias para traballar con alumnado con TDAH

A Consellaría de Educación, Cultura e Deporte do Goberno do Principado de Asturias,  presenta esta guía co obxectivo de contribuír á mellora da atención educativa do alumnado con necesidade específica de apoio educativo por presentar dificultades de aprendizaxe en xeral, e en particular para o alumnado que presenta trastorno por déficit de atención con ou sen hiperactividade.

A publicación consta de dúas partes ben diferenciadas.

Unha primeira parte dirixida fundamentalmente a profesionais da orientación educativa, na que se describen amplamente os procedementos para a detección temperá, a avaliación e a intervención educativa cos alumnos e alumnas con TDAH, e se proporcionan diversas ferramentas para levar a cabo este labor.


E unha segunda parte dirixida ao profesorado en xeral, na que se facilitan orientacións e estratexias que permiten axustar a atención ás necesidades educativas que presenta este alumnado.

A guía dedica un lugar destacado ás adaptacións necesarias no proceso de avaliación. Tamén se tratan aspectos esenciais a ter en conta para facilitar a colaboración entre a familia e o centro educativo.



Descargar as guías

No hay comentarios:

Publicar un comentario