miércoles, 29 de octubre de 2014

Protocolos de detección e actuación da dislexia

Que é a dislexia?

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e cuxa orixe parece derivar dunha alteración do neurodesarrollo.

O principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co noso sistema educativo, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes se realizan a través do código escrito, polo cal o neno disléxico non pode asimilar certos contidos de materias como Coñecemento do Medio, porque non é capaz de chegar ao seu significado dira través da lectura.



O neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas. Os pais e profesores procesamos esta conduta como desinterese e prememos para conseguir maior esforzo, sen comprender que estes nenos, realizando estas tarefas, se senten coma se de súpeto, calquera de nós, nos vísemos inmersos nunha clase de escritura china(definición extraida da web: www.ladislexia.net)


A dislexia, é moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda, dificultades nas nocións espacio-temporales...debemos ter en conta que non existen dous disléxicos idénticos e polo tanto cada caso é único e non ten por que presentar a totalidade dos síntomas.


DISFAM pon ao noso servicio una colección de protocolos de actuación e intervención  diferenciados por idades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario