viernes, 7 de noviembre de 2014

Reflexión sobre as competencias básicas e a súa relación co curriculo

Documento do CNIICE (MECD) elaborado a partir do traballo realizado en 150 centros de primaria e secundaria. Nel defínense as competencias e a súa relación cos demais elementos curriculares e establécense os pasos para a elaboración das programacións en función das competencias e como estas programacións poden contribuír á avaliación competencial dos alumnos. Tamén recolle o peso estatístico de cada unha das competencias nas diferentes materias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario