jueves, 8 de enero de 2015

Bolsas Bacharelato en EEUU e Canadá, Fundación Amancio Ortega



A Fundación Amancio Ortega co ánimo de apoiar os novos estudantes, convoca 200 bolsas para alumnos do sistema educativo de España, interesados en estudar en Canadá e Estados Unidos un ano escolar equivalente ao Primer ano de Bacharelato.

O Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega formula principalmente os seguintes obxectivos:

  • Mellorar os coñecementos de lingua inglesa e a formación integral do estudante.
  • Potenciar a capacidade de adaptación e aprendizaxe nun novo ámbito.
Cada unha das bolsas do Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega para o curso escolar 2015-2016 inclúe os servizos especificados a continuación, referidos a tres fases:
  • Preparación e Saída
  • Estanza en Canadá ou Estados Unidos
  • Regreso á cidade de orixe
Requisitos

Dirixido a novos estudantes de 4º de ESO do territorio español que teñan unha nota media de 7,5 en 3º de ESO e 8 en inglés.


Dotación


Escolarización nun centro educativo "High School", durante un curso escolar (10 meses, agosto/setembro de 2015 a xuño/xullo de 2016).


 Período de inscrición

Do 7/1/2015 ao 9/2/2015


Máis información 
  
Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega

No hay comentarios:

Publicar un comentario