martes, 24 de febrero de 2015

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior






Convocadas as probas de acceso a ciclos superiores, o prazo de presentación estará abranguido entre os días 23 de febreiro e 6 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

  • Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
  • Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

A proba divídese en dúas partes:

- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas

- Parte específica:
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais nas que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior en función da opción elixida, nas condicións de admisión que se establezan.

Máis información:

- Acceso a preguntas frecuentes
Exames de convocatorias anteriores
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario