lunes, 2 de marzo de 2015

Alteracións no comportamento


A Consellería de Educación  de Asturias publicou unha colección  de guías que orientan sobre as alteracións de comportamento dende a escola  e familia.  

 Descripción das mesmas: 

Libro 1: Bases teóricas das alteracións do comportamento. Comportamento e alteracións. Modelos explicativos dende o ámbito escolar. Factores de risco.
Caderno 2: Intervención educativa. Medidas de Centro e de Aula. Orientacións didácticas para a docencia. Incidentes e pautas de Centro e Familia.
Caderno 3: Proceso de Intervención do Equipo Específico de Alteracións do Comportamento. Protocolos, demandas, avaliación, medidas e seguimento. Direccións e contactos.
Caderno 4: Intervención familiar. Indicadores de avaliación. Interacción pais e fillos. Pautas e normas. Esferas de intervención. Anexo con cuestionarios.
Caderno 5: Programa "Trampolín" e Programa "Ponte". Alumnos destinatarios, recursos e metodoloxía. Áreas de intervención. Actividades.
Caderno 6: Técnicas e estratexias de intervención. Fichas descritivas de técnicas e actividades. Intervención ante a falta de control e impulsividade, atención e memoria de traballo, frustración e recoñecemento, habilidades sociais, modificación de conduta e resolución de conflitos, e descriptores das dinámicas de grupo (características, utilidade e limitacións).

No hay comentarios:

Publicar un comentario