jueves, 30 de abril de 2015

Acceso a ensinanzas artísticas


 
 

 
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte ven de publicar instrucións para o acceso e admisión dalgúns dos estudios superiores de ensinanzas artísticas que se imparten na nosa Comunidade Autónoma, para o curso 2015/2016


Acceso e admisión a estudios superiores de Arte Dramática


Acceso e admisión as ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais


Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de deseño


Tede en conta que ambas ensinanzas, ademais dos requisitos académicos, poden esixir unha proba específica de acceso.  Polo que comprobade ben os prazos.

Ademais, para aqueles que queiran acceder ás ensinanzas artísticas superiores e non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e cumpran 19 anos no 2015, a Consellería de Educación ven de convocar probas.  Si se superan estas probas mais as probas específicas correspondentes, poderase acceder ás ensinanzas artísticas.

A inscrición para as probas realizarase na secretaria dos seguintes centros, entre o 28 de abril e o 28 de maio:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario