As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas
ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos
formativos de grao medio.
Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a
nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a
compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo
formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo
para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A
adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na
proba.
Material de preparación da proba:
- Acceso á nota informativa
- Acceso a preguntas frecuentes (Actualizado 25-2-2015)
- Acceso a preguntas frecuentes (Actualizado 25-2-2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario