lunes, 20 de abril de 2015

Probas libres para a obtención dos títulos FP LOE curso 2014-15





A Conselleria de Educación convocou as Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP LOE na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2015.
O obxectivo destas probas é que as persoas participantes obteñan directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos no currículo correspondente. 


 REQUISITOS XERAIS DOS PARTICIPANTES:
  • Ter 18 anos, para os títulos de técnico.
  • Ter 20 anos, para os títulos de técnico superior, ou 19 no caso de posuír xa o título de técnico.
  • Non estar matriculado/a en ciclos de FP nin ter causado baixa no presente curso académico.
  • Excepcionalmente, logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, poidan acreditar experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
  • Excepcionalmente tamén poderán acceder ás probas as persoas matriculadas polo réxime de adultos para a superación de módulos do mesmo ciclos, sempre que os teñan suspensos de dous cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 17 ao 30 de abril de 2015 ata as 13:00h. 

LUGAR DE ENTREGA DE SOLICITUDES: Na secretaría de calquera centro onde se oferten as probas libres, constando por orde de preferencia, os ciclos formativos, os centros onde se impartan, e a súa oferta vinculada ata un máximo de 6 opcións. 

RELACIÓN DE CICLOS E PRAZAS OBXETO DESTA CONVOCATORIA:
Oferta clasificada por familia e ciclo (Actualizado a 13-04-2013)


Fonte: Consellería e Mónica Diz Orienta

No hay comentarios:

Publicar un comentario