miércoles, 24 de junio de 2015

Centro residencial docente 2015-16

 
 
 
A Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria ven de convocar  (DOG, xoves 18 de xuño de 2015), prazas de residencia nos centros residencias de A Coruña, Ourense e Vigo, para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2015-16.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

  • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 17 de xullo de 2015.
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 7 de agosto de 2015.
 Estas prazas están destinadas ás persoas que van cursar estudios postobrigatorios non universitarios  (bacharelato e FP de grao medio ou superior) nas localidades de A Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo e que as ensinanzas que van cursar non se impartan na localidade de residencia habitual da unidade familiar ou  nunha localidade próxima que permita desprazarse á diario con facilidade.




Fonte: Orientación educativa

No hay comentarios:

Publicar un comentario