lunes, 5 de octubre de 2015

Bolsas Bacharelato en Canadá e EEUU, Fundación Amancio Ortega

 
 
 
O programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a mozas de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos seleccionados convivirán cunha familia de acollida e cursarán Grao 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato).

A bolsa cobre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes e o apoio continuado durante os dez meses de estancia.

O Programa convoca 500 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar Primeiro de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2016-2017.

    80 bolsas dirixidas a estudantes de centros de Galicia para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.
    420 bolsas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.
 
 

Convocatoria aberta do 5 de outubro ao 12 de novembro de 2015 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular).


Máis información e inscripcións:  https://becas.faortega.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario