A Consellería de Educación ven de convocar probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.
Prevense dúas convocatorias: maio e setembro
Prazos de inscrición e datas de realización das probas:
Convocatoria de maio: inscrición do 7 ao 18 de marzo. Realización da proba: 27 de maio
Convocatoria de setembro: inscrición do 1 ao 8 de xullo. Realización da proba: 8 de setembro
Consulta aquí para ver onde presentar a solicitude, lugares de realización das probas,...
Tamén, a Consellería de Educación convoca probas para a obtención do título de Bacharel para maiores de 20 anos.
Prazo de presentación de solicitudes: 18 de febreiro ao 3 de marzo
Data de realización do exame: 22 de abril de 2016, no IES San Clemente de Santiago
Para máis información sobre o formulario de inscrición, lugares de presentación de solicitudes,..., clika aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario