viernes, 4 de marzo de 2016

Inmersión lingüística en inglés en España. Convocatoria MECD.






O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de Grao Medio de Formación Profesional, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado, para o ano 2016.


Prazo para presentar solicitudes: Desde o 04 marzo 2016 ao 08 abril 2016.

Requisitos:

  •     Nacer entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1999.
  •     Ter a condición de bolseiro no curso 2015/16 da convocatoria xeral de bolsas deste Ministerio conforme á Resolución do 30 de xullo de 2015 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan bolsas para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
  •     Estar matriculado no curso 2015/16 en:
        Bacharelato.
        Ensinos profesionais de música e danza.
        Grao medio de Formación Profesional.
        Grao medio de artes plásticas e deseño.
        Grao medio de ensinos deportivos.
        Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

  •     Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e obter no devandito curso unha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés.
  •     Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior. 

 Os interesados deberán cumprimentar a solicitude mediante o formulario accesible por internet na dirección www.mecd.gob.es a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (ver as instrucións nesta ligazón).

No hay comentarios:

Publicar un comentario