jueves, 5 de mayo de 2016

Acceso e admisión nas Ensinanzas Superiores de Arte Dramática para o curso 2016/2017


http://www.esadgalicia.com/glg/probas_acceso.php?id=10&tit=Inscrici%F3n
A Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17.
  • Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril e o día 14 de xuño, ambos incluídos.
REQUISITOS DE ACCESO:

  • Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtencióndo título de Bacharelato. 

PROBAS:

- Proba común a todas as especialidades:

  •  Análise dun fragmento dunha obra literaria. 
  •  Análise dun fragmento dun ensaio teatral. 

- Proba específica según especialidades:


  • INTERPRETACIÓN:  1) Traballo en grupo. 2) Traballo de interpretación. 3) Entrevista persoal.
  • DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: 1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria. 2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática. 3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia. 4) Proba de dirección de actores. 5) Entrevista persoal.
  • ESCENOGRAFÍA: 1) Realización dun debuxo do natural. 2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto. 3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía. 4) Entrevista persoal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario