sábado, 25 de junio de 2016

Acceso e admisión á Formación Profesional en Galicia para o curso 2016/2017

 






 
Prazos de presentación de solicitudes
 
  • Período ordinario: do 27 de xuño ao 5 de xullo
  • Período extraordinario: do 5 ao 8 de setembro
     
 
 
Procedemento para a solicitude
 
A solicitude deberá realizarse obrigatoriamente mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web (Pendente de publicación)
  • A solicitude web realizarase na seguinte ligazón: Solicitude (Pendente de publicación)
 
Información e documentación

No hay comentarios:

Publicar un comentario