jueves, 15 de junio de 2017

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2017





Requisitos de acceso: 
 
GRAO MEDIO:

a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica.
b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 

GRAO SUPERIOR:

a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, superar unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato. 
b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.


Prazo de inscrición nas probas: Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 





MÁIS INFORMACIÓN:    

Na web da Consellería de Educación.

DOG do 14 de xuño a resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017-2018.

No hay comentarios:

Publicar un comentario