Calendario de admisión para o curso 2017-18
Cales son os requisitos para acceder á FP Básica?
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
- Ser proposto/a polo equipo docente
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
- Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso
A proposta do equipo docente, tamén
poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no
ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria
obrigatoria.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Presentar unha única solicitude de
admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor
de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da
patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I.
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitidoen primeira opción.
Documentación a presentar:
- Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
- Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
- Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade
Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) para o curso 2017-2018:
No hay comentarios:
Publicar un comentario