lunes, 15 de enero de 2018

Acreditación de competencias 2018

A Consellería de Educación convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia. 
 
As persoas interesadas poderán solicitar participar no proceso de acreditación de competencias do seguinte xeito:
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/acreditacion.
  • A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir para ser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento. 
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática. 
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
 
Máis información da convocatoria 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario