martes, 8 de mayo de 2018

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO PARA ALUMNOS CON TDAH

Guía de apoio ao estudo é un documento editado por INGADA (Instituto Galego do TDAH e trastornos asociados), pola Fundación Mª José Jove e pola Consellería de Educación. A guía procura contribuír a conseguir un maior coñecemento do alumnado con este trastorno e ofrece recursos para as súas familias que sirvan de apoio e orientación na mellora do seu rendemento. Nela podemos atopar: consellos para a organización do espazo e do tempo, para o adestramento da atención e a memoria; estratexias para desenvolver unha técnica de estudo propia; pautas xerais para organizar o estudo; recomendacións específicas para estudar as diversas materias; consellos para facer un exame ou para manter hábitos de vida saudable; técnicas de relaxación, recursos e ligazóns interesantes, aplicacións de memoria e atención; anexos, etc.


 Pode descargarse en castelán e galego.

 TDAH Guía de apoio ao estudo en castelán
TDAH Guía de apoio ao estudo en galego

No hay comentarios:

Publicar un comentario