domingo, 10 de junio de 2018

Centros residenciais docentes 2018



A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2018/19.
Resultado de imaxes para centros residenciais docentes
 
Prazos:
  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día 11 de xuño e o 13 de xullo de 2018 (incluído).
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día 11 de xuño  e o 8 de agosto de 2018 (incluído).

Requisitos:

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Compatibilidades:

A condición de adxudicatario/a de praza de residencia gratuíta é compatible coas axudas da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.

Adxudicación de praza gratuíta


1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 293/2016, do 15 de xullo, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estado núm. 171, do 16 de xullo).

2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.


Adxudicación de praza gratuita e  bonificada 


1. Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:

a) Ata un 10 %: 551,99 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €.

d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.

2. O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.


Máis información: DOG do 31 maio de 2018 e nos CRD:



No hay comentarios:

Publicar un comentario