O carácter diferencial da FP Dual consiste na combinación da formación
curricular co traballo remunerado nunha empresa – neste caso Coremain-,
na que ademais as alumnas e alumnos recibirán formación complementaria á
establecida no currículo formativo correspondente, co fin de reforzar a
súa preparación e mellorar a súa empregabilidade. Deste xeito, dos 2
anos e medio de duración do proxecto, o 21,7% desenvolverase no centro
educativo correspondente, mentres que o restante se levará a cabo nas
instalacións de Coremain.
Para máis información: Aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario