martes, 22 de enero de 2013

Probas de acceso a ciclos superiores

Matrícula: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro
Proba: 25 de abril
Publicación de notas provisionais:  10 de maio


Destinatarios: Será condición imprescindible para concorrer á proba ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
Así mesmo, tamén poderá presentarse quen teña cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba e dispoña dun título de técnico relacionado coa familia profesional incluída na opción á que opta.

A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas
- Parte específica:
Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais nas que se posibilitará o acceso a ciclos formativos de grao superior en función da opción elixida, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia
Acceso á nota informativa

Preguntas frecuentes

Recompilación das preguntas máis salientables.
Acceso ás preguntas frecuentes

Contidos de referencia e criterios de avaliación

Na seguinte ligazón pódense consultar os contidos de referencia e criterios de avaliación das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para a convocatoria 2013.
Acceso ao documento

Materiais de probas de acceso

Na seguinte ligazón pódense consultar os exames das convocatorias anteriores de proba de acceso a ciclos superiores.
Exames de convocatorias anteriores

Lugar de presentación da solicitude

As solicitudes poderanse presentar en calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ciclos formativos de formación profesional (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro)

Relación de documentos de interese

Nas seguintes ligazóns atópase a documentación de interese para os aspirantes:


Normativa de referencia

Acceso á normativa

No hay comentarios:

Publicar un comentario