martes, 22 de enero de 2013

Probas de acceso a ciclos medios


Matricula: do 25 de febreiro ao 8 de marzo
Data da realización da proba:  23 de maio
Notas provisionais: 5 de xuño

Destinatarios: Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en tres partes:
- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
- Matemática: matemáticas.
- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizara a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.
Acceso á nota informativa
Preguntas frecuentes
Recompilación das preguntas máis salientables.
- Acceso a preguntas frecuentes
Contidos de referencia e criterios de avaliación
Na seguinte ligazón pódense consultar os contidos de referencia e criterios de avaliación das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio para a convocatoria 2013.
Ver contidos e criterios de avaliación das probas.   
Materiais de probas de acceso
Na seguinte ligazón pódense consultar exames e materiais didácticos das convocatorias anteriores da proba de acceso a ciclos formativos de grao  medio.

- Materiais didácticos
- Exames
Lugar de presentación de solicitude

As solicitudes poderanse presentar en calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ciclos formativos de formación profesional.
Relación de documentos de interese
Nas seguintes ligazóns atópase a documentación de interese para os aspirantes:


No hay comentarios:

Publicar un comentario