martes, 25 de marzo de 2014

Biblioteca Digital Sueño mi futuro, construyo mi presente. Guía de orientación para jóvenes.

Outra guía? -pensarás... pero se o que necesitamos é que se recollan as nosas inquietudes, as nosas dúbidas, os nosos sonos.

Canta indecisión nunha etapa na que o profesorado, a familia, o sistema, che din que tes que orientar o teu futuro verdade?, pero as dúbidas resólvense falando. E iso é o que se intentou co documento que tes entre as mans. Rapaces e rapazas da túa mesma idade reuníronse para contarnos os seus proxectos e formular as súas preguntas. Cada cual coas súas circunstancias persoais, coa súa visión do futuro, debe decidir por si mesmo.

Ás veces os medos xorden por non saber onde acudir. Por iso, encontrarás nesta guía unhas propostas de orientación e unha lista de enlaces nos que poderás buscar toda a información que necesites. O futuro é teu, sexas rapaz ou rapaza, estranxeiro ou español. Serás o que queiras ser. Con esforzo e vontade, lograralo!



Proxecto coordinador por:

Departamento Confederal de Migracións de UGT Ana Mª Corral e Piar Roc

Secretaría de Políticas Sociais de FETE-UGT Carmen Vieites, Luz Martínez Ten e Beatriz Peyrot.


Fonte: http://www.educacionenvalores.org


No hay comentarios:

Publicar un comentario