jueves, 27 de marzo de 2014

Programa de orientación académico - profesional "Rompiendo Esquemas"


     Unha das decisións máis importantes para a vida de cada persoa é a da elección dos estudos que o encamiñen cara ao seu futuro laboral. E un dos motivos que dificultan a toma destas decisións é o feito de que determinadas profesións sexan cualificadas como femininas e outras como masculinas, o que fai máis complicado que nos identifiquemos cunhas ou outras en función de se somos homes ou mulleres (por exemplo, se un rapaz quere ser comadrón ou unha rapaza piloto de avión).
 
O programa de orientación académico - profesional "Rompiendo Esquemas" nace como unha iniciativa comunitaria Equal coordinada polo Instituto da Muller e promovida no Principado de Asturias polo Instituto Asturiano da Muller e pretende ser unha ferramenta útil para desenvolver a igualdade e a calidade en materia educativa, formativa e laboral para rapaces e rapazas da ESO.

O programa está estructurado en 6 bloques:

- Autocoñecemento
- Coñecemento do Sistema Educativo
- Coñecemento do Mercado Laboral
- Toma de Decisións
- Corresponsabilidade
- Centraliade no Emprego













No hay comentarios:

Publicar un comentario