Probas de clasificación das Escolas Oficiais de Idiomas
As
probas de clasificación son un exame que determina o nivel dun alumno
nun idioma concreto. Están dirixidas a alumnos novos que desexen
matricularse nunha escola oficial de idiomas nun curso superior ao que
poderían acceder por expediente académico. A superación desta proba
determinará o curso no que se pode matricular pero non garante o seu
acceso pois ha de someterse igualmente ao proceso de preinscrición.
REQUISITOS PARA PRESENTARSE: - 16 anos para o idioma que se cursou como 1ª Lingua Estranxeira na ESO - 14 anos para outro idioma distinto do cursado en ESO como 1ª Lingua Estranxeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario