domingo, 25 de enero de 2015

Probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

  • O prazo de presentación das solicitudes será entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.
  • As probas terán lugar o día 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. 
  Requisitos para a matricula:
  • Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
  • Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
  • Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou  réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria
das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Estructura da proba: 

Consta de dous exercicios: 
  • Exercicio de materias comúns: a) Primeira parte: lingua galega e literatura; b) Segunda parte: lingua castelá e literatura; c) Terceira parte: lingua estranxeira; d) Cuarta parte: cuestións das materias de ciencias para o mundo contemporáneo, de filosofía e cidadanía, de historia da filosofía e de historia de España. 
  • Exercicio de seis materias de modalidade: Para superar cada exercicio cumprirá obter unha cualificación igual ou superior a 5 e, polo menos, un 4 en cada unha das súas partes.

 Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario