Publicouse a Resolución do 22 de maio de 2015 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2015/2016 en Galicia.
Na orde queda regulado:
- As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: Do 3 ao 18 de xuño.
- As datas e horarios das probas: A proba de madureza será o 26 de xuño. A proba específica o 9 de xullo de 2015.
- Os contidos das probas.
- As datas para a matrícula nos ciclos.
- Os impresos de solicitude de admisión.
ACCESO DIRECTO:
Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior:
a)
Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes
plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas
que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
c)
Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas
súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
d) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
e) Licenciatura en belas artes. Arquitectura.Enxeñaría técnica en deseño industrial.
f)
Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano,
relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que
se queira acceder.
ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA:
As persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente, deberán superar unha proba específica.
Aquelas
persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán
presentarse á proba de acceso, pero no momento de formalizar a
matrícula, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión
da titulación requirida. En calquera caso poderán presentarse á proba de
madureza.
ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS:
(proba de madureza + proba específica)
A
persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, deberá
ter cumpridos os 19 anos, dentro do ano natural de realización da proba,
e superar aproba de madureza, ademais da correspondenteproba
específica.
A proba de madureza poderase substituír pola
proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a
ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de
grao superior de ensinanzas deportivas.
AS PROBAS:
Proba de madureza: 26 de xuño de 2015.1ª parte: 10.00-13.00 h.
2ª parte: 17.00-18.00 h.
Proba específica: 9 de xullo de 2015.
1º exercicio: 10.00-11.00 h.
2º exercicio: 12.00-14.00 h.
3º exercicio: 17.00-19.00 h.
As probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
A PROBA ESPECÍFICA consta de 3 exercicios:
a) Primeiro exercicio: proba escrita.
Desenvolvemento por escrito, tempo máximo 1 h, de temas propostos nun
texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes
plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos
histórico-artísticos.
b) Segundo exercicio: realización.
Realización, tempo máximo 2 h, de bosquexos e debuxos sobre un tema
proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse
as destrezas, as habilidades, capacidades de percepción, de observación e
de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos
ciclos correspondentes á familia profesional.
c) Terceiro exercicio: execución.
Execución, tempo máximo 2 h, do xeito que determine o tribunal, cos
bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co
ciclo ao que o alumno ou alumna aspira a acceder. Valorarase a
capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do
espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os
estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.
A PROBA DE MADUREZA constará de 2 partes:
1ª parte: versará
sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato: - Lingua
galega e literatura. - Lingua castelá e literatura. - Lingua estranxeira
(inglés ou francés). - Historia de España. - Filosofía e cidadanía .-
Historia da filosofía .- Ciencias para o mundo contemporáneo.
Cumprirá
seleccionar 3 destas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión entre
2 que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. Tempo máximo 3
horas.
Valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas
áreas, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta
comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de
análise e de síntese.
2ª parte: Historia da arte.
MÁIS INFORMACIÓN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario