jueves, 12 de marzo de 2015

Procrastinación



Do latín procrastinare. Diferir, aprazar, pospoñer.

É a acción ou o hábito de postergar actividades ou situacións que deben atenderse, substituíndoas por outras situacións máis irrelevantes ou agradables.

Aínda que á maioría nos parece un "palabro" estraño isto de procrastinar, moitas persoas vémonos reflectidos nesta definición, polo menos nalgúns momentos das nosas vidas. 


Queres saber algo máis sobre a procrastinación? Desexarías ser máis efectivo e non postergar tanto as cousas?  Es un procrastinador?, unha desas persoas que sempre encontra unha escusa para deixar todo para máis tarde, para postergar as súas tarefas do día a día, tanto as importantes coma as máis banais?

 Descúbreo con este test de procrastinación entrando a este link de Webconsultas.com

TEST DE PROCRASTINACIÓN

 CORRECCIÓN 

 Báixache esta pequena e práctica guía e segue os seus consellos.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/66382180/pdf%20para%20psicomont/Yo%20procrastino.pdf



Fonte: webconsultas.com 

No hay comentarios:

Publicar un comentario