Mostrando entradas con la etiqueta Ensinanzas Especiais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ensinanzas Especiais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de junio de 2017

Admisión en Ensinanzas Deportivas

Plazo de inscripción  desde el día 6 de junio hasta día 7 de julio 2017. 
 


Como se organizan las enseñanzas deportivas? 
Las enseñanzas deportivas se organizan en grados:
a) Las enseñanzas deportivas de grado medio organizan en dos ciclos: ciclo inicial de grado medio y ciclo final de grado medio.
b) Las enseñanzas deportivas de grado superior se organizan en un único ciclo de grado superior
Que duración tinen los ciclos de las enseñanzas deportivas? 
No tienen todas la misma duración. Las enseñanzas conducentes a títulos de grado medio tendrán una duración mínima de 1.000 horas, de las que por lo menos 400 horas corresponderán al ciclo inicial. Las enseñanzas conducentes a títulos de grado superior tendrán una duración mínima de 750 horas. La superación del ciclo anterior es requisito para el acceso al siguiente ciclo. 
Que requisitos se deben cumpolir para acceder a estes estudos?
Para acceder ao grado medio será necesario tener el título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria o equivalente para los efectos académicos y superar una prueba de carácter específico.
Para acceder al ciclo de grado superior será necesario tener el título de bachillerato ol equivalente para os efectos académicos, así como el título de Técnico deportivo en la correspondiente modalidad o especialidad . En caso de determinadas modalidades o  especialidades, será además requisito necesario la superación de una prueba realizada por las Administracións educativas, o acreditar un mérito deportivo en os qu e se demuestre tener las condiciones necesarias para cursar con aprovechamento als enseñanzas correspondientes. 
En que consisten dichas pruebas ? 
  La prueba de madurez de grado medio versará sobre las materias de lengua gallega, lengua castellana, sociocultural, científico-tecnolóxico.
En dicha prueba se valorará a madureza y el nivel de conocimientos sobre estas áreas propias del currículo de la Educación Secundaria Obrigatoria. La prueba de madurez de grado superior versará sobre las materias comunes propias del currículo de bachillerato: lengua y literatura galega, lengua y literatura castellana, matemáticas y lenguas extranjeras. Será necesario seleccionar tres de dichas materias y desenvolver por escrito una cuestión de entre dos que se propongan. En esta prueba se valorará el grado de madurez de la persona aspirante en cuanto a la correcta comprensión de conceptos, la utilización del lenguaje y la capacidadde análisis y de síntesis. 
 
Pruebas de acceso (deportes)
El acceso a las enseñanzas deportivas es equivalente a otras enseñanzas? 
  La prueba de acceso a la formación profesional de grao medio podrá sustituír a la prueba de acceso al mismo grado de las enseñanzas deportivas. La parte común de la prueba de acceso a la formación profesional de grado superior podrá substituír a la prueba de acceso al mismo grado de las enseñanzas deportivas. 
Como teno que hacer para inscribirme? 
  La inscripción para las pruebas se hará en la secretaría de los centros en que se impartan enseñanzas deportivas. 
Donde se pueden estudiar las enseñanzas deportivas?

  
( pincha para verlo y descargarlo) 

Pueden convalidarse  los estudos de enseñanzas deportivas?
Si pueden convalidarse, para ello se aplica la Orden ECI/3830/2005 do 18 de novembro, pola que se modifica a Orde ECI/3224/2004, do 21 de setembro, pola que se establecen validacións para os efectos académicos entre determinadas ensinanzas conducentes á obtención de titulacións oficiais no ámbito da actividade física e o deporte coas correspondentes do bloque común de Técnicos  Deportivos, establecidos polo Real Decreto 1913/1997, de 19 de decembro, e a Orde ECI 3341/2004, do 8 de outubro, que completa esta. El alumnado tendrá que presentar la documentación correspondiente en el centro donde desee cursar las enseñanzas. La matriculación tendrá carácter provisional en tanto no se resuelvan las eventuales convalidaciones.Una vez resueltas el  alumno tan sólo tendrá que hacer efectiva la matrícula. Las solicitudes de otras validacións no establecidas en esta Orden, tendrán que ser tramitadas ante El Consejo Superior de Deportes. 
A qué otros estudios puedo acceder? 
     Con el título de Técnico deportivo puedo acceder a las titulaciones de Técnico Deportivo Superior y Bachillerato.
   Con el título de Técnico deportivo Superior puedo acceder a los siguientes estudios universitarios:
  1. Licenciado en Ciencias de la Actividad Física y del deporte.
  2. Diplomado en Educación Social.
  3. Diplomado en Enfermería. 
  4. Diplomado en Fisioterapia.
  5. Diplomado en Terapia Ocupacional.
  6. Diplomado en Trabajo Social.
  7. Diplomado en Turismo.
  8. Maestros
Qué salidas profesionales puedo tener? 
La titulacion de Técnico deportivos acredita que la persona posee las competencias necesarias para desempeñar funciones correspondientes a la iniciación deportiva, tecnificación deportiva y condución de actividades o prácticas deportivas.
La titulacion de Técnico deportivo Superior responderá  a las competencias adecuadas para desempeñar las funciones correspondientes al entrenamiento, dirección de equipos y deportistas de alto rendimiento deportivo, condución con altos niveles de dificultad en la modalidad o especialidad deportiva de que se trate

Más información: 

Resolución do 5 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017/18
Normativa de Deportes 
Convenios 

Fuente: Consellería de Educación

jueves, 15 de junio de 2017

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2017





Requisitos de acceso: 
 
GRAO MEDIO:

a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica.
b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 

GRAO SUPERIOR:

a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, superar unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato. 
b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.


Prazo de inscrición nas probas: Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 





MÁIS INFORMACIÓN:    

Na web da Consellería de Educación.

DOG do 14 de xuño a resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017-2018.

jueves, 5 de mayo de 2016

Probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores 2016

A Consellería publicou a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran 19 anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2016/2017. 

 




Prazo de inscrición para realizar a proba: Do 29 de abril ao 30 de maio de 2016

Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de solicitude. Unha vez cuberto entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte. 

Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:
– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


Acceso e admisión nas Ensinanzas Superiores de Arte Dramática para o curso 2016/2017


http://www.esadgalicia.com/glg/probas_acceso.php?id=10&tit=Inscrici%F3n
A Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17.
  • Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril e o día 14 de xuño, ambos incluídos.
REQUISITOS DE ACCESO:

  • Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtencióndo título de Bacharelato. 

PROBAS:

- Proba común a todas as especialidades:

  •  Análise dun fragmento dunha obra literaria. 
  •  Análise dun fragmento dun ensaio teatral. 

- Proba específica según especialidades:


  • INTERPRETACIÓN:  1) Traballo en grupo. 2) Traballo de interpretación. 3) Entrevista persoal.
  • DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: 1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria. 2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática. 3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia. 4) Proba de dirección de actores. 5) Entrevista persoal.
  • ESCENOGRAFÍA: 1) Realización dun debuxo do natural. 2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto. 3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía. 4) Entrevista persoal.

Acceso e admisión nas Ensinanzas Superiores de Música para o curso 2016/2017


Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17.

  • A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril  e o día 6 de xuño, ambos incluídos.

miércoles, 24 de junio de 2015

Ciclo Medio de Atletismo 2015-16






No IES As Barxas  contamos cun  Ciclo Medio de Atletismo, inscrito dentro das Ensinanzas Especiais,que se organiza en dous niveles: nivel 1 e nivel 2  dun ano de duración.Como calquera ensinanza especial  é compatible con outras ensinanzas oficiais como Bacharelato ou FP. A superación do  curso médio é  condición necesaria para acceder ao superior.

Condicións de acceso:
  •     Graduado en ESO , proba de acceso a ciclos medios ou estudos equivalentes
  •       Superación dunha proba física de acceso.
Prazo de inscrición:  do 6 de xuño ao 10 de xullo de 2015 

O título que se obtén,  tras a superación das ensinanza,  é o de Técnico deportivo en atletismo. As titulacións de Técnicos deportivos acreditan que a persoa posúe as competencias necesarias para desempenar funcións correspondente á iniciación deportiva, tecnificación deportiva e condución de actividade ou práctica deportiva.

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2015-16

 
 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenacion Univeristaria ven de convocar probas de acceso ás ensinanzas deportivas  (Resolución do 26 de maio de 2015, DOG de 5 de xuño de 2015)
Convócanse tanto probas de acceso ás ensinanzas de grao medio como de grao superior.


Si queres ver a oferta das ensinanzas deportivas en Galicia, clika aquí.

 Inscrición para as probas.

 A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros
públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción
dos aspirantes á especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no
CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.
Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

  • Fútbol:  IES Sánchez Cantón (Pontevedra) IES Universidade Laboral (Culleredo)
  • Fútbol Sala:  CIFP A Farixa (Ourense)
  • Baloncesto: IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)
  • Balonmán:  IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
  • Atletismo IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo) , IES As Barxas (Moaña)

Prazo de inscrición:  do 6 de xuño ao 10 de xullo de 2015 

Fonte: Orientación educativa

martes, 16 de junio de 2015

Instruccións para o acceso e admisión nas Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e de Deseño. Ciclos superiores


Publicouse a Resolución do 22 de maio de 2015 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2015/2016 en Galicia. 


Na orde queda regulado:
  • As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: Do 3 ao 18 de xuño. 
  • As datas e horarios das probas: A proba de madureza será o 26 de xuño. A proba específica o 9 de xullo de 2015.
  • Os contidos das probas.
  • As datas para a matrícula nos ciclos. 
  • Os impresos de solicitude de admisión.
REQUISITOS:
ACCESO DIRECTO: 

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior: 

a) Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.

b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
c) Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
d) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
e) Licenciatura en belas artes. Arquitectura.Enxeñaría técnica en deseño industrial.
f) Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder.
ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 
As persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente, deberán superar unha proba específica.
Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba de acceso, pero no momento de formalizar a matrícula, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.
ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: 
(proba de madureza + proba específica) 
A persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, deberá ter cumpridos os 19 anos, dentro do ano natural de realización da proba, e superar aproba de madureza, ademais da correspondenteproba específica. 
A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas.

AS PROBAS: 
Proba de madureza: 26 de xuño de 2015.
1ª parte: 10.00-13.00 h.
2ª parte: 17.00-18.00 h.
Proba específica: 9 de xullo de 2015.
1º exercicio: 10.00-11.00 h.
2º exercicio: 12.00-14.00 h.
3º exercicio: 17.00-19.00 h.

As probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. 



 A PROBA ESPECÍFICA consta de 3 exercicios: 

a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, tempo máximo 1 h, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. 
b) Segundo exercicio: realización. Realización, tempo máximo 2 h, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
c) Terceiro exercicio: execución. Execución, tempo máximo 2 h, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que o alumno ou alumna aspira a acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
A PROBA DE MADUREZA constará de 2 partes:
1ª parte: versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato: - Lingua galega e literatura. - Lingua castelá e literatura. - Lingua estranxeira (inglés ou francés). - Historia de España. - Filosofía e cidadanía .- Historia da filosofía .- Ciencias para o mundo contemporáneo. 
Cumprirá seleccionar 3 destas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión entre 2 que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. Tempo máximo 3 horas. 
Valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.
2ª parte: Historia da arte.



MÁIS INFORMACIÓN:

martes, 2 de junio de 2015

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2015/2016




Xúntase a Resolución do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2015/16.
  • A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, sen prexuízo da súa presentación por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
 O prazo para a inscrición comprende desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 18 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de xullo para os ciclos de grao medio

jueves, 30 de abril de 2015

Acceso a ensinanzas artísticas


 
 

 
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte ven de publicar instrucións para o acceso e admisión dalgúns dos estudios superiores de ensinanzas artísticas que se imparten na nosa Comunidade Autónoma, para o curso 2015/2016


Acceso e admisión a estudios superiores de Arte Dramática


Acceso e admisión as ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais


Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de deseño


Tede en conta que ambas ensinanzas, ademais dos requisitos académicos, poden esixir unha proba específica de acceso.  Polo que comprobade ben os prazos.

Ademais, para aqueles que queiran acceder ás ensinanzas artísticas superiores e non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e cumpran 19 anos no 2015, a Consellería de Educación ven de convocar probas.  Si se superan estas probas mais as probas específicas correspondentes, poderase acceder ás ensinanzas artísticas.

A inscrición para as probas realizarase na secretaria dos seguintes centros, entre o 28 de abril e o 28 de maio:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.


miércoles, 9 de julio de 2014

Convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2014-15.

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2014-15.

Convócanse probas tanto para as ensinanzas deportivas de grao medio como de grao superior.  Ás probas específicas poderán inscribirse quenes estean en posesión da titulación académica referida en cada caso:

.- Para as ensinanzas deportivas de grao medio:  título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria

.- Para as ensinanzas deportivas de grao superior: título de Bacharelato.

En todo caso, aqueles que non posean a titulación requerida, poderan presentarse á proba de madureza, ademais de á proba específica.

A inscrición nas probas realizase dende o 8 ao 14 de xullo nos centros onde se imparten ensinanzas deportivas: 
Oferta destas ensinanzas en Galicia en centros públicos:
IES Cruceiro Baleares (Culleredo): Fútbol.
IES Sánchez Cantón (Pontevedra): Fútbol e Balonmán.
IES As Lagoas (Ourense): Fútbol sala. 
IES Nosa Señora Dos Ollos Grandes (Lugo): Atletismo.
IES Río Cabe (Monforte de Lemos): Fútbol
IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía): Baloncesto.
IES As Barxas (Moaña): Atletismo


Oferta en centros privados autorizados: 
CADF Real Club Deportivo de A Coruña: Fútbol
CADF Federación Galega de Fútbol (A Coruña): Fútbol
Federación Galega de Fútbol Sala (A Coruña): Fútbol Sala
CPR Santa Apolonia (Santiago de Compostela): Fútbol Sala
CPR Liceo la Paz (A Coruña): Fútbol Sala
Outros estudos afíns: Familia profesional de Formación Profesional "Actividades Físico- Deportivas".

MÁIS INFORMACIÓN: 
Accede á oferta educativa de ensinanzas deportivas.
Accede ás probas específicas.
Accede ao documento "preguntas frecuentes"
Accede ao folleto informativo. 

miércoles, 4 de junio de 2014

Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2014/2015

Xúntase a Resolución do 21 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2014/15.
A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño no prazo comprendido desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 19 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de xullo para os ciclos de grao medio








Fonte: www.edu.xunta.es

viernes, 2 de mayo de 2014

Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2014, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2014/2015






Prazo de inscrición: ata o 29 de maio de 2014
Lugares de inscrición:

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


LIGAZÓNS:
- Resolución coa convocatoria con toda a información.
- Ensinanzas artísticas Web Consellería.

jueves, 6 de marzo de 2014

Equivalencia dos títulos de ensinanzas artísticas superiores cos de grao

http://www.edu.xunta.es/web/node/2535

O Boletín Oficial do Estado  ven de publicar  a norma pola que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, e no que queda confirmada que os titulados nas ensinanzas artísticas superiores terán o mesmo nivel que os graduados nas universidades


Acceso ao texto do BOE



Os novos Grados aprobados son os seguintes:

Graduado o Graduada en Música.
Graduado o Graduada en Danza.
Graduado o Graduada en Arte Dramático.
Graduado o Graduada en Conservación y Restauración de Bienes Culturales.
Graduado o Graduada en Diseño.
Graduado o Graduada en Artes Plásticas.

jueves, 21 de junio de 2012

Novo Ciclo de Atletismo no noso Instituto


 


A Consellería ven de conceder ao noso Instituto un Ciclo Medio de Atletismo, inscrito dentro das Ensinanzas Especiais, organizarase en dous niveles: nivel 1 e nivel 2 . Dado que se trata de unhas ensinanzas con moi pouca carga horaria, 14 horas semanas, é facilmente compatible con outras ensinanzas oficiais como Bacharelato ou FP. A superación do  curso médio é  condición necesaria para acceder ao superior.

Condicións de acceso:
  •     Graduado en ESO , proba de acceso a ciclos medios ou estudos equivalentes
  •       Superación dunha proba física de acceso.

O título que se obtén,  tras a superación das ensinanza,  é o de Técnico deportivo en atletismo. As titulacións de Técnicos deportivos acreditan que a persoa posúe as competencias necesarias para desempenar funcións correspondente á iniciación deportiva, tecnificación deportiva e condución de actividade ou práctica deportiva.

O prazo de inscripción  para as probas específicas (físicas) imprescindibles para acceder ao ciclo remata o 28 de Xuño.