Infografía do CEDEC onde se recollen algunhas recomendacións de lectura fácil a ter en conta para a creación de materiais para todos os alumnos.
A información aquí recollida forma parte dun documento máis amplo:
“Información para todos. Las reglas europeas para hacer información fácil de leer y comprender“
Fonte: https://cedec.intef.es/recursos-accesibles-para-todos-recomedaciones-de-lectura-facil/
Mostrando entradas con la etiqueta NEE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NEE. Mostrar todas las entradas
martes, 5 de mayo de 2020
domingo, 19 de agosto de 2018
Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo
Prazo de presentación de solicitudes:
ABERTO desde o 15 de agosto de 2018 ata o 27 de setembro de 2018.
Modalidades:
- Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta.
- Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
miércoles, 2 de marzo de 2016
Sobredotación
sábado, 1 de agosto de 2015
martes, 9 de diciembre de 2014
Necesidades Educativas Especiais na ESO
Dada a progresiva complexidade
do currículo da Etapa Secundaria, sen perder de vista a adaptabilidade
do currículo basee ás capacidades propias dos alumnos que cursan estas
ensinanzas, procede a elaboración dun currículo especialmente deseñado
que, partindo dos niveis de desenvolvemento e adquisicións dos alumnos
con necesidades educativas especiais permanentes, garanta a continuidade
da súa formación, ordenando os obxectivos e contidos para conseguir
progresivamente a mellor integración social e laboral.
Este documento foi elaborado por profesionais do CREENA expertos na atención ao alumnado con minusvalidez psíquica. É froito da súa experiencia e dedicación como asesores e orientadores nos institutos de secundaria e como colaboradores na formación permanente do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica destes centros.
A GUÍA quere proporcionar ao profesorado de Secundaria información abondo sobre as necesidades educativas do alumnado con minusvalidez psíquica e axudar no proceso de planificación da resposta educativa máis adecuada en cada caso.

miércoles, 2 de abril de 2014
Guía de Boas Prácticas en Educación Inclusiva
O dereito á educación é
recoñecido mundialmente dende que en 1948 se proclama a Declaración
Universal de Dereitos Humanos. Ademais, a Convención sobre dereitos do
neno (ratificada por 193 estados), recoñece este dereito a todos os
nenos e as nenas. No ano 2000, un informe da UNESCO
establece que a inclusión da infancia con necesidades especiais ou
pertencentes a minorías étnicas desfavorecidas, poboacións emigrantes,
comunidades remotas e illadas ou barrios urbanos marxinais, así como
doutros excluídos da educación, deberá ser parte integrante das
estratexias para lograr a educación para todos antes do 2015. En 2008,
con motivo da 48a Conferencia Internacional de Educación da UNESCO,
os Ministros de Educación e Xefes de Delegación de 153 Estados membro
afirman que unha educación inclusiva e de calidade é fundamental para
alcanzar o desenvolvemento humano, social e económico.
Grazas á Educación Inclusiva, alumnos con alto risco de exclusión poderán mellorar a súa aprendizaxe e, polo tanto, a súa calidade de vida. Pero a educación inclusiva non beneficia só ao alumnado máis vulnerable, senón a toda a comunidade educativa, como demostran as prácticas contidas nesta guía.
Teñen máis información sobre o proxecto "Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización Social sobre Educación Inclusiva en España" impulsado por Save The Children na súa web oficial.
A través de http://autismodiario.org/

viernes, 10 de agosto de 2012
Axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo
Parece que empezan a publicarse as bolsas e axudas do Ministerio de Educación. Onte no BOE publicouse a correspondente a NEE. O prazo de presentación remata o 25 de setembro de 2012. Neste enlace tendes acceso a toda a información sobre as mesmas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)