Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de septiembre de 2016

Participación Educativa: Revista

http://ntic.educacion.es/cee/revista/n7/


O Consello Escolar do Estado editou o número 7 de revísta Participación Educativa.
A publicación é un monográfico co título: As relacións entre familia e escola, que recolle análise, investigacións, reflexións, experiencias e boas prácticas relativos a esa cuestión.
Inclúese unha 'entrevista recíproca' entre Joaquín Fuster e José Antonio Mariña ao redor da neurociencia e á educación.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

Libro Branco da Función Docente no ensino non universitario






Publicouse o Libro Branco da  Función Docente no ensino non universitario.

Para acceder: Libro Branco da función docente non universitaria. Borrador.


Aspectos do Libro Branco relacionados coa Orientación Educativa. Selección realizada por Orientapas (Alberto do Mazo)

Para acceder: Libro Branco. Fragmentos relacionados coa orientación Educativa

lunes, 27 de abril de 2015

EURYDICE



https://webgate.ec.europa.eu/fpfis/mwikis/eurydice/index.php?title=Home




EURYDICE é a rede de información educativa europea, o seu obxectivo principal é ofrecer información sobre os sistemas educativos europeos, como están organizados e como funcionan.
Ademais das descricións dos sistemas educativos de cada país, elaboran estudos sobre temas específicos da educación, e indicadores e estatísticas. Está financiada pola Comisión Europea e integrada no programa ERASMUS+.

martes, 17 de marzo de 2015

Materiais para a acción titorial





Magnífica recopilación de materiaies  para a acción titorial, no tocante á intervención e seguimento individual titor-titorando.  Elaborado polo Departamento de Orientación do IES Mar de Poniente de La Línea. 

jueves, 12 de marzo de 2015

Procrastinación



Do latín procrastinare. Diferir, aprazar, pospoñer.

É a acción ou o hábito de postergar actividades ou situacións que deben atenderse, substituíndoas por outras situacións máis irrelevantes ou agradables.

Aínda que á maioría nos parece un "palabro" estraño isto de procrastinar, moitas persoas vémonos reflectidos nesta definición, polo menos nalgúns momentos das nosas vidas. 


Queres saber algo máis sobre a procrastinación? Desexarías ser máis efectivo e non postergar tanto as cousas?  Es un procrastinador?, unha desas persoas que sempre encontra unha escusa para deixar todo para máis tarde, para postergar as súas tarefas do día a día, tanto as importantes coma as máis banais?

 Descúbreo con este test de procrastinación entrando a este link de Webconsultas.com

TEST DE PROCRASTINACIÓN

 CORRECCIÓN 

 Báixache esta pequena e práctica guía e segue os seus consellos.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/66382180/pdf%20para%20psicomont/Yo%20procrastino.pdf



Fonte: webconsultas.com 

jueves, 5 de febrero de 2015

Estratexias de ensinanza

A Universidade Mariano Gálvez de Guatemala preséntanos este dossier sobre diferentes estratexias de aprendizaxe.

lunes, 2 de junio de 2014

Os 7 hábitos da xente con alta intelixencia emocional

A revista Fast Company, unha das revistas máis importantes de negocios, tecnoloxía e deseño nos Estados Unidos, proponos esta clasificación de hábitos da xente calificada como con alta intelixencia emocional.

Traducción:Descoñecido

miércoles, 28 de mayo de 2014

Estudo da Intelixencias Múltiples no TDAH: proposta de intervención.

Estudo da Intelixencias Múltiples no TDAH: proposta de intervención.
Universidade Internacional da Rioja.
Máster Universitario en Neuropsicoloxía e Educación.
Traballo fin de Máster presentado por León Sánchez, Susana de los Ángeles.



Para descargar premer na imaxe

http://www.fundacioncadah.org/web/doc/index.html?id_doc=168

miércoles, 2 de abril de 2014

Guía de Boas Prácticas en Educación Inclusiva

   O dereito á educación é recoñecido mundialmente dende que en 1948 se proclama a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Ademais, a Convención sobre dereitos do neno (ratificada por 193 estados), recoñece este dereito a todos os nenos e as nenas. No ano 2000, un informe da UNESCO establece que a inclusión da infancia con necesidades especiais ou pertencentes a minorías étnicas desfavorecidas, poboacións emigrantes, comunidades remotas e illadas ou barrios urbanos marxinais, así como doutros excluídos da educación, deberá ser parte integrante das estratexias para lograr a educación para todos antes do 2015. En 2008, con motivo da 48a Conferencia Internacional de Educación da UNESCO, os Ministros de Educación e Xefes de Delegación de 153 Estados membro afirman que unha educación inclusiva e de calidade é fundamental para alcanzar o desenvolvemento humano, social e económico.
   Grazas á Educación Inclusiva, alumnos con alto risco de exclusión poderán mellorar a súa aprendizaxe e, polo tanto, a súa calidade de vida. Pero a educación inclusiva non beneficia só ao alumnado máis vulnerable, senón a toda a comunidade educativa, como demostran as prácticas contidas nesta guía.
   Teñen máis información sobre o proxecto "Educación para o Desenvolvemento e Sensibilización Social sobre Educación Inclusiva en España" impulsado por Save The Children na súa web oficial.

 A través de http://autismodiario.org/

sábado, 25 de enero de 2014

10 preguntas para ti, profesor

Óscar Boluda de EFEPEANDO formúlanos estas preguntas aos profes e pídenos reflexionemos sobre elas de cando en vez
A autocrítica ea reflexión sobre a nosa actividade profesional axúdanos a mellorar e progresar na nosa práctica diaria.




http://www.efepeando.com/2014/01/10-preguntas-para-ti-profesor.html