Mostrando entradas con la etiqueta Probas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Probas. Mostrar todas las entradas

jueves, 2 de mayo de 2019

ESAD: Probas de acceso.

http://esadgalicia.com/futuro-alumnado/probas-acceso/

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas de acceso para cursar estudos superiores na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia:

Inscrición: Ata o 14 xuño de 2019

Realización: 1 – 5 de xullo de 2019


Vacantes dispoñibles:

Especialidade de Dirección escénica e dramaturxia: 12 prazas.
Especialidade de Escenografía: 12 prazas.
Especialidade de Interpretación: 24 prazas.


Calquera consulta será atendida no 986 246 399 ou en esad.galicia@edu.xunta.es

 Acceso á WEB: Información

lunes, 18 de febrero de 2019

Pruebas de Acceso al Grado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte



Convocatoria 2019

6 de abril ( inscripción hasta 10 marzo)
19 de junio ( inscripción hasta 14 mayo)




Para efectuar la matrícula en las Pruebas Específicas de Admisión deberá cubrirse el formulario online de inscripción, y entregar en la Secretaría del Centro los documentos que se indican en las instrucciones para la inscripción.

Fonte: Universidad de A Coruña e Orientagalicia

viernes, 21 de diciembre de 2018

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2019


Xúntase o borrador da Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.
Prazos de presentación de solicitudes:
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos
Máis información:

miércoles, 30 de mayo de 2018

Probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia


Probas de Acceso da ESAD de Galicia





















Inscrición: Ata o 18 de xuño 2018
Inicio das probas: 26 de xuño 2018

Especialidade de Dirección escénica e dramaturxia: 12 prazas
Especialidade de Escenografía: 12 prazas
Especialidade de Interpretación: 24 prazas

Calquera consulta será atendida no 986 246 399 ou en esad.galicia@edu.xunta.es

jueves, 15 de junio de 2017

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2017





Requisitos de acceso: 
 
GRAO MEDIO:

a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica.
b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. 

GRAO SUPERIOR:

a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, superar unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato. 
b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.


Prazo de inscrición nas probas: Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 





MÁIS INFORMACIÓN:    

Na web da Consellería de Educación.

DOG do 14 de xuño a resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017-2018.

jueves, 5 de mayo de 2016

Probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores 2016

A Consellería publicou a convocatoria de probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran 19 anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2016/2017. 

 




Prazo de inscrición para realizar a proba: Do 29 de abril ao 30 de maio de 2016

Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros. 

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Para a formalización da inscrición os centros superiores facilitaranlle ás persoas interesadas o modelo de solicitude. Unha vez cuberto entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte. 

Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:
– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.


Acceso e admisión nas Ensinanzas Superiores de Arte Dramática para o curso 2016/2017


http://www.esadgalicia.com/glg/probas_acceso.php?id=10&tit=Inscrici%F3n
A Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17.
  • Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril e o día 14 de xuño, ambos incluídos.
REQUISITOS DE ACCESO:

  • Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtencióndo título de Bacharelato. 

PROBAS:

- Proba común a todas as especialidades:

  •  Análise dun fragmento dunha obra literaria. 
  •  Análise dun fragmento dun ensaio teatral. 

- Proba específica según especialidades:


  • INTERPRETACIÓN:  1) Traballo en grupo. 2) Traballo de interpretación. 3) Entrevista persoal.
  • DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: 1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria. 2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática. 3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia. 4) Proba de dirección de actores. 5) Entrevista persoal.
  • ESCENOGRAFÍA: 1) Realización dun debuxo do natural. 2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto. 3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía. 4) Entrevista persoal.

Acceso e admisión nas Ensinanzas Superiores de Música para o curso 2016/2017


Resolución do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2016/17.

  • A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o 29 de abril  e o día 6 de xuño, ambos incluídos.

martes, 15 de marzo de 2016

Probas de aptitude física 2016-2017 de Acceso ao Grao en CC da Actividade Física e do Deporte. Vigo

 



 
 Na convocatoria para 2016-17 das probas físicas inclúense varias novidades: 
 
1. O APTO gárdase para a convocatoria seguinte, é dicir, este ano tería validez na presente (2016-17) e na seguinte (convocatoria do 2017-18). 
 
 2. Polo tanto, o alumnado interesado de 1º bacharelato, ou outras titulacións que aínda non remataran os seus estudos, pode presentarse ás probas físicas desta convocatoria (2016-17) pois, de acadar o APTO, sería válido tamén na convocatoria seguinte (2017-18). 
 
3. Esta novidade tamén ten carácter retroactivo, é dicir, o alumnado que o ano pasado (convocatoria 2015-16) obtivo o APTO, NON ten a obriga de presentarse nesta convocatoria, pois recoñéceselle o resultado da pasada convocatoria (2015-16). 
 
4. Recoñécense as probas físicas de acceso superadas de calquera universidade española. 
 
5. Este ano tamén se aprobaron dúas datas diferentes para poder obter a cualificación de APTO: 
 
1ª data: 26 de maio; 
2ª data: 23 de xuño. 

Se quedan vacantes tamén hai a posibilidade de setembro, pero non é habitual. O pago das tasas da dereito ás tres datas, polo que, no caso de suspender na primeira data (maio), pode volver tentalo na segunda (xuño), ou terceira (setembro). 
 
AVISO: Condicións Xerais para Aprobar as Probas Físicas (consultade tamén o baremo no regulamento) 
  • Os aspirantes deben superar con “APTO/A”: 
  1.  A proba nº 1 de Adaptación ao Medio Acuático, obrigatoriamente. 
  2. Cinco das outras seis probas, entre as nº 2, 3, 4, 5, 6 e 7. 
  3. Un total de seis probas, sempre e cando se cumpran ámbalas dúas condicións anteriores. 
  • No caso de non cumprir algunha das condicións anteriores serán cualificados como "NON APTO/A" no global das probas físicas, e tamén quedarán excluídos de facer o resto das probas. Xornadas de Adestramento das Probas Físicas (Por confirmar datas este ano) 
 ¿Tes dúbidas de cómo son exactamente as probas aínda despois de ver o video das mesmas? ¿Queres coñecer algún truco para facer mellor as probas? 
 
 
 
A Delegación de Alumnado da Facultade organiza tódolos anos uns días antes da celebración das probas unhas Xornadas de Adestramento das Probas de Aptitude Física que dan acceso o Grao en CC da Actividade Física e do Deporte. As datas (fechas) e o horario aínda está por determinar este ano (publicarase nesta mesma web en canto se saiba). 
 
Se queredes apuntarvos enviade, por favor, un correo a dafacedepo@gmail.com indicando cando asistiredes. Para máis información: Mail: dafacedepo@gmail.com Tlf: 986.801.722