Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESO. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de diciembre de 2014

Necesidades Educativas Especiais na ESO

Dada a progresiva complexidade do currículo da Etapa Secundaria, sen perder de vista a adaptabilidade do currículo basee ás capacidades propias dos alumnos que cursan estas ensinanzas, procede a elaboración dun currículo especialmente deseñado que, partindo dos niveis de desenvolvemento e adquisicións dos alumnos con necesidades educativas especiais permanentes, garanta a continuidade da súa formación, ordenando os obxectivos e contidos para conseguir progresivamente a mellor integración social e laboral.

Este documento foi elaborado por profesionais do CREENA expertos na atención ao alumnado con minusvalidez psíquica. É froito da súa experiencia e dedicación como asesores e orientadores nos institutos de secundaria e como colaboradores na formación permanente do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica destes centros.

A GUÍA quere proporcionar ao profesorado de Secundaria información abondo sobre as necesidades educativas do alumnado con minusvalidez psíquica e axudar no proceso de planificación da resposta educativa máis adecuada en cada caso.

Descargar

domingo, 9 de febrero de 2014

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

Acábase de publicar a Resolución do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.
– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

martes, 29 de enero de 2013

Probas para a o graduado en ESO para maiores de 18 anos.

Quen se pode presentar:

-Pódense presentar a estas probas todas as persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o día
anterior á data na que se celebren as probas. Así, por exemplo, se os exames se celebran o 10 de
xuño, pódense presentar todas aquelas persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o 9 de xuño.
-Non existen excepcións a esta regra, nin por motivos laborais nin por motivos de calquera
outra índole.
-As persoas que, con esa idade, estean matriculadas na educación secundaria obrigatoria
(ESO) ou na educación secundaria para persoas adultas, deberán renunciar ao dereito de seren
avaliadas por esa matrícula oficial se desexan presentarse ás probas.

 Prazos de matrícula:

– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos.


martes, 20 de marzo de 2012

Convocadas as probas para a obtención do graduado en ESO.

A Xunta ven de publicar no DOG a convocatoria para este ano 2012  para a obtención do graduado en ESO para maiores de 18 anos. Nestá páxina tendes toda a información. Na pesta "Probas" tendes exames de anos anteriores e formulario de inscripción 2012.

Se tendes dúbidas xa sabedes por onde pasar.