Mostrando entradas con la etiqueta Competencias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Competencias. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de noviembre de 2014

Reflexión sobre as competencias básicas e a súa relación co curriculo

Documento do CNIICE (MECD) elaborado a partir do traballo realizado en 150 centros de primaria e secundaria. Nel defínense as competencias e a súa relación cos demais elementos curriculares e establécense os pasos para a elaboración das programacións en función das competencias e como estas programacións poden contribuír á avaliación competencial dos alumnos. Tamén recolle o peso estatístico de cada unha das competencias nas diferentes materias.

sábado, 25 de enero de 2014

Manual docente para la autoformación en competencias básicas





http://antonio-jimenez.com/documentos/Libros/MANUAL-DOCENTE.pdf


O "Manual docente para la autoformación en competencias básicas" é un material gratuito e imprescindible para o traballo das competencias básicas. Está estructurado é 10 unidades formativas que inclúen aspectos teóricos, reflexións, e metodoloxías.  O deseño de tarefas, función titorial, programación e concrecións curriculares, avaliación, competencias básicas para a convivencia... son  algúns dos aspectos traballados neste manual.

domingo, 15 de diciembre de 2013

Recursos liberados das probas PISA

O pasado 3 de decembro presentouse o Informe PISA en 65 países, incluída España. A proba avalía as competencias dos alumnos de 15 anos en matemáticas, lectura e ciencias. O Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE) preparou unha páxina web:

http://www.mecd.gob.es/inee/Ultimos_informes/PISA-2012.html


na que se pode encontrar, entre outros recursos, moitas das preguntas empregadas na proba de PISA de matemáticas, lectura e ciencias. 

Cremos que este material é realmente útil para que os profesores o poidan utilizar nas aulas cos seus alumnos. 
Son preguntas elaboradas por expertos de todo o mundo, corrixidas e codificadas:

http://recursostic.educacion.es/inee/pisa/.

Fonte: Recursos TIC para bibliotecas escolares.