Mostrando entradas con la etiqueta Ponderacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ponderacións. Mostrar todas las entradas
lunes, 27 de enero de 2014
miércoles, 22 de enero de 2014
Mapas de Universidades e de Ponderacións para selectividade.
Se queres acceder á Universidade interésanche estes dous mapas con enlaces ás páxinas web e coeficientes de ponderación de todas as Universidades españolas.
Para realizar a preinscrición on-line á Universidade, consultar a oferta de Grados, as súas notas de corte, coeficientes,… é conveniente contar con páxinas que centralicen enlaces.
Aquí tes dous útiles mapas con enlaces a todas as Universidades e coeficientes do territorio español:
- Mapa de Universidades. Destacamos un ano máis esta imprescindible páxina web da Universidade de Alicante que enlaza a todas as páxinas web das Universidades españolas.
- Mapa de Ponderacións. É unha nova páxina da Universidade de Murcia que recompila os coeficientes ou parámetros de ponderación de todas as Universidades españolas. Dende esta páxina podes acceder a algúns simuladores creados por cada Universidade nos que, introducindo as túas cualificacións de selectividade e o Grao onde queiras acceder, obtés a nota de acceso pola cal esa Universidade che vai ordenar para admitirte en dito Grado.
Recordamos que os coeficientes ou parámetros de ponderación é un valor que multiplica cada Universidade e Grao á cualificación obtida nunha determinada materia da parte específica selectividade (sempre que estea aprobada con, polo menos, 5 puntos).
Poden variar entre 0 (é dicir, aínda que estea aprobada, esa materia non conta para ese Grao e Universidade) e o máximo que será 0'2 (é dicir, se se obtén un 10 nesa materia, sumaríase 2 puntos á nota da parte xeral de selectividade). Polo xeral o coeficiente será 0 se a materia non está adscrita á rama de coñecemento correspondente ao Grao que se quere estudar e, ao contrario, o coeficiente será máis alto mentres a materia teña máis relación co Grao que se queira estudar.
Os coeficientes decídeos cada Universidade e publícanse cada curso, é dicir, poden variar dun ano a outro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)